Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que “moviliza sesenta axentes electorais de cara ó 20-N”

Nota de prensa

O PP de Burela moviliza sesenta axentes electorais de cara ó 20-N.

Os populares celebran mañán unha asamblea de afiliados e simpatizantes que definirá os actos a levar a cabo durante a campaña.

Burela, a 2 de novembro de 2011.- O PP burelés movilizará un total de sesenta axentes electorais de cara ás eleccións xerais a celebrar o próximo domingo día 20. Estes axentes electorais serán as persoas encargadas de facer chegar o programa do partido ós distintos sectores da sociedade, e tamén serán os encargados de estar presentes nas distintas mesas electorais o día das eleccións.

Ademais, o PP celebra mañán, xoves, ás oito da tarde e na antiga biblioteca, unha asamblea de afiliados e simpatizantes, cun doble motivo: por unha banda, explicarle á militancia popular o traballo levado a cabo nestes últimos catro meses e medio, e por outra concretar os actos e actuacións a levar a cabo durante a campaña electoral.

Así, o PP pretende celebrar un total de oito reunións con veciñas e veciños polos distintos barrios de Burela, para facer chegar con moita proximidade o programa do PP. Ademais, realizarán un mitin con candidatos, e diversos actos sectoriais.

Cómpre lembrar que o PP burelés xa realizou recentemente unha serie de reunións polos barrios bureleses recentemente para explicar o traballo feito no concello nestes últimos meses.

Exit mobile version