Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile de líderes en sub16 con vitoria de Salomé Cardoso na tirada de bolos de Morás en Xove

NOTA DE PRENSA.-

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 8ª  TIRADA

(Centro Social MORÁS – Sábado, 26 novembro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MORÁS  (26 NOVEMBRO 2011  ) 30  INSCRITOS:   17  NA LIGA SENIOR,    5  NA LIGA SUB 16  E     8  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 212 12
SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 208 10
TERCEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 205 8
CUARTO ARTURO VIGO CASABELLA 197 7
QUINTO OMAR CABRERA MACIAS 194 6
SEXTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 181 5
SÉTIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 152 4
OITAVO MODESTO ALBO VIDAL 151 3
NOVENO JOSE VIGO LAGE 151 2
DÉCIMO JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 147 1
MELLOR BOLADA SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 117 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 73 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 52 3
CUARTO CRISTÓBAL RIVAS CAMPO 46 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 6 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 52 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGO 125 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 116 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 90 3
CUARTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 87 2
QUINTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 52 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA 55 1

-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 30  inscritos, 17 na Liga Senior e 8 na Liga Feminina e 5 na Liga Sub 16.

Liga Senior Masculina.- Gran actuación de César Cancelos, obtendo unha gran puntuación, favorecida por un campo que se atopaba en perfectas condicións. Con esta victoria, César, que levaba unha tempada irregular, pasa da decimoterceira posición á quinta con 29 puntos, moi perto do 3º posto.  Líder, unha semana máis Arturo Vigo, que inda que só obtivo unha victoria, está a ter unha temporada moi regular, puntuando até agora en tódalas tiradas, e case sempre do medio para riba. Con 64 puntos mantén unha  cómoda renda sobre o segundo, que sigue sendo Francisco Pérez con 47. Francisco está sendo este ano a revelación, cunha regularidade que nos está sorprendendo a todos; xogador capaz do mellor, pero tamén do pior, este ano parece que atopou a liña que lle permite manter unha regularidade, puntuando en tódalas tirada menos a de Lago. Se mantén este nivel pódese converter nun oso duro para Arturo. Terceiro temos ao vixente campión José Rafael González, que está tendo unha temporada moi irregular, por non decir mala, dado o nivel que se lle presupón a un dos mellares xogadores da historia do noso deporte. En cuarta posición temos a Ginés Rodríguez con 31 puntos, posición moi meritoria, dado que traballa en Santiago e non puido participar na metada das tiradas; sempre que veu amosou un gran nivel.

Liga Senior Feminina.- Segunda victoria consecutiva da vixente campiona, quen parece que espertou nesta recta final da primeira volta da Liga. Os sete puntos obtidos consolídana na 3ª posición con 27 puntos, moi perto xa dos dous primeiros postos, que coma na semana pasada están ocupados por Carmen Roca con 35 puntos e Belén Meitín con 31. A tenor do visto ata o momento, estas tres xogadoras (dúas delas, Carmen e Dolores campionas noutras edicións) vanse disputar os tres primeiros postos  finais, xa que semana a semana está ofrecendo un nivel moi superior ao resto das participantes. Por detrais delas temos a Leonor Casabella con 12 puntos, Salomé Bermúdez con 10 e Carmen Martínez con 9.

Liga Sub 16.- Sigue o baile de líderes nesta categoría, correspondéndolle nesta ocasión oliderato á vixente campiona, Salomé Cardoso, quen gracias aos sete puntos obtidos encabeza con 35. Segundo temos a Daniel López con 33 e terceiro a Isaiais Cardoso con 31, quen por certo tivo unha participación máis que discreta nesta tirada de Morás. Por certo, nas últimas semanas baixounos a participación nesta categoría, na cal cubrimos a penas os 5 xogadores que teñen accesso a puntuar cada semana. Esperemos que nas vindeiras tiradas podamos recuperar algúns xogadores nesta categoría, obxectivo moi importante para o campionato, xa que son o futuro deste deporte.

A Vindeira tirada que estaba previsto celebrar no Centro Social de Sumoas,vai ter lugar na Bolera do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, O VINDEIRO SÁBADO, 3 DE DECEMBRO DE 2011; isto é debido a que a bolera de Sumoas foi obxecto dunha profunda reforma e  o campo de xogo está recén sementado, polo que inda hai que esperar a que esta semente se complete e fructifique para poder volver a xogar alí. Esperemos que para o final desta Liga, que vai ter lugar  en marzo, precisamente no Centro Social de Sumoas, estas novas instalacións poidan seren utilizadas.

Exit mobile version