Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estase quedando sen luces, asegura o grupo municipal do PSOE

Nota de prensa
Grupo municipal do PSdeG  PSOE de Burela

Burela estase quedando sen luces.

Resulta curioso o modo no que o goberno popular de Burela está afrontando a crise que afecta aos concellos, derivando toda a responsabilidade e todas as consecuencias aos veciños. Por un lado, aumenta impostos, brutalmente no caso da auga (máis do douscentos por cento), e taxas, e incluso ten a brillante idea de crear novos tributos como por exemplo polo uso de locais municipais, deportivos, culturais, educativos, ou mesmo o do  concello para bodas civís, etc. E por outro lado, estamos asistindo a unha pretendida reducción do consumo eléctrico aplicando un apagado na iluminación pública, dito por eles alternativo, que deriva nunha penumbra perigosa que causa inseguridade, e ao mesmo tempo, provoca un perigo aos transeúntes e un aspecto fantasmal do pobo de Burela, sobre todo na arteria principal que é a Av. de Arcadio Pardiñas. Por elo dedúcese fácilmente que o sacrificio tributario que imos padecer, non redundará en nengún beneficio para todos os burelenses.

Como consecuencia, fainos deducir que: poucas luces ten o equipo de goberno, dado que agora é o momento oportuno de que afloren as solucións intelixentes e ideas solidarias, e non maltratar máis o peto dos cidadáns coa coartada fácil do recorte sen ofrecer nada a cambio frente á difícil situación que estamos padecendo. E ao mesmo tempo, non teñen capacidade de buscar medidas alternativas  para favorecer o desenvolmemento socio económico do noso concello, que compensen ou traten de reducir o sacrificio que vamos a sufrir nos impostos municipais do ano 2012.

Deben saber, que poden aproveitar as instalacións fotovoltáicas colocadas polo anterior equipo de goberno e  que producen enerxía eléctrica, ben aplicando o seu aproveitamento en máis instalacións, ou ben negociando coa empresa comercializadora para a venta da enerxía sobrante que producen. Ou ben aplicando temporizadores para que a determinadas horas non necesarias fan que se ilumine só  as zonas máis importantes, minimizando así a molestia que está a causar a brillante idea que tiveron de contemplar a oscuridade para que nos guíen as estrelas. Estas medidas que acabamos de enunciar sí abaratarían  o coste que soportan as arcas municipais.

Poden tamén, a diferencia do apagado masivo da iluminación, e subida indiscriminada de impostos, predicar co exemplo, e, nun ramalazo  de coherencia co tempo no que vivimos, aplicar unha reducción no soldo do alcalde de dezasete mil euros anuais dos cuarenta e sete mil euros máis dietas que cobra, e ao mesmo tempo, eliminar as outras dúas dedicacións exclusivas, que suman un total de cuarenta mil euros,  xa que tanto para a área de servizos sociais como a de obras e urbanismo, o Concello dispón de traballadores suficientes e competentes para desenrrolar a labor diaria municipal.

Exit mobile version