Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Corral pasa a encabezar da liga Sénior Feminina de bolos en Xove

NOTA DE PRENSA.-

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 6ª  TIRADA

(Centro Social A Vara – Sábado, 12 novembro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA  (12 NOVEMBRO 20121  ) 36  INSCRITOS:  21   NA LIGA SENIOR ,    7  NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 197 12
SEGUNDO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 191 10
TERCEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 190 8
CUARTO ARTURO VIGO CASABELLA 184 7
QUINTO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 183 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 174 5
SÉTIMO JORDI MEITÍN SERANTES 165 4
OITAVO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 164 3
NOVENO OMAR CABRERA MACÍAS 159 2
DÉCIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 147 1
MELLOR BOLADA JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 76 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 104 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 56 4
TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 50 3
CUARTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 49 2
QUINTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 49 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 43 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 123 6
SEGUNDO GONZALO FERNÁNDEZ SILVA 73 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 70 3
CUARTO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 60 2
QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 42 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 55 1

-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 36 inscritos, 21 na Liga Senior e 7 en cada unha das outras.

Liga Senior Masculina.- Segunda victoria consecutiva de Marcelino Rodríguez, o que lle permite escalar na táboa ata o 5º posto con 24 puntos. Encabeza unha semana máis Arturo Vigo, que este ano está demostrando unha gran regularidade, xogando moi centrado, sen os altibaixos da temporada pasada.  Outro xogador que está demostrando esta ano un moi bó nivel é Francisco Pérez, que leva puntuando 5 tiradas consecutivas, e sempre do medio para riba, o que fai que ascenda da terceira á segunda posición, en detrimento de Luis Rancaño, que pasa á cuarta posición, xa que á terceira accede outro dos favoritos, o actual campión José Rafael González con 29 puntos. Desgraciadamente para Luis, mentras non se recupera da súa lesión de rodilla non poderá retomar a súa  participación na Liga. Polo tanto, despois de disputado un tercio da Liga (6 tiradas de 18 totais), temos un líder claro e sólido, cunha gran diferencia de puntos sobre os seus perseguidores, estando estes bastante igualados, cunhas puntuacións moi graduais, sen grande diferenzas.

Liga Senior Feminina.- Cambio na cabeza da clasificación, accedendo á mesma  Carmen Corral con 28 puntos, gracias aos 7 puntos obtidos na tirada desta semana. Segunda é Belén Meitín con 25 puntos. Estas dúas xogadoras vanse alternando nas dúas primeiras posicións, e polo momento son as claras dominadoras da categoría, cuha boa diferenza sobre as súas perseguidoras. Terceira Temos a Dolores Baños con 14 puntos, compartindo o cuarto posto Salomé Bermúdez con Leonor Casbella, ambas con 10 puntos. Temos que decir que debido a unha caída, Salomé Bermúdez vai estar unha temporada sen poder competir, xa que se lesionou no brazo que ela utiliza para tirar.

Liga Sub 16.- Nesta categoría tres xogadores dominan claramente, e os tres xa encabezaron a clasificación en algún momento. Despois de 6 tiradas, a vixente campiona Salomé Cardoso accede por primeira vez ao liderato esta temporada, gracias á victoria obtida nas dúas últimas tiradas. Con 25 puntos e a 3 do liderato, Isaias Cardoso (irmán de Salomé) ocupa a segunda posición, pasando ao terceiro posto Daniel López con 22. Así e todo, a loita está moi cerrada entre os tres, destacándose polo momento como favoritos para ocupar os tres postos de privilexios finais.

A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ NA PARROQUIA DE PORTOCELO, O VINDEIRO SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO DE 2011.

Exit mobile version