
Onte tivo lugar a primeira charla médica organizada pola OMIC de Foz e o Hospital da Costa, que contou coa presencia do doutor Lombán, a directora médica, Laura Ballesta e o olcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira. Unha charla que tivo a atención de numeroso público preocupado polos problemas cardiacos e os seus cuidados, cun tempo de preguntas ao final da charla e una exposición amena e clara do doctor Lombán, xefe de cardioloxía. Agradecemento ao Hospital da Costa pola súa colaboración e emplazar aos veciños para a vindeira charla o próximo xoves coa participación do doutor Vázquez Rey e “O cancer de colón e a súa prevención”.