Site icon Crónica3.com A Mariña

A Academia Galega de Seguridade impartirá un curso sobre urbanismo á policía local da provincia de Lugo

Nota de prensa:

A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA UN CURSO SOBRE URBANISMO DESTINADO Á POLICÍA LOCAL DA PROVINCIA DE LUGO

O curso terá lugar entre os días 21 e 24 de novembro, en horario de tarde, sendo a data límite de entrega das inscricións o luns 14 deste mes

Santiago, 5 de novembro de 2011.- A Academia Galega de Seguridade Pública vén de publicar no Diario Oficial de Galicia, a convocatoria dun curso sobre urbanismo, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, que está destinado aos persoal dos corpos da policía local da provincia lucense.

O curso terá lugar entre os días 21 e 24 de novembro, en horario de 16.00 a 21.00 horas, na Área de Formación da Deputación Provincial de Lugo. O seu obxectivo é dotar dos coñecementos necesarios en materia de urbanismo e a súa normativa, aos membros dos corpos da policía local da lucense, para o desempeño posterior da súa labor profesional.

Así, os temas que se impartirán nesta actividade abranguerán asuntos como as licencias urbanísticas, o procedemento sancionador en materia urbanística, os delitos contra a ordenación do territorio, delitos contra o patrimonio histórico e o medio cultural, e o papel da policía local en materia urbanística, entre outros.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes remata o vindeiro 14 de novembro, e o persoal que desexe participar no curso deberá cubrir a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Academia http://agasp.xunta.es, en Actividades Formativas, Cursos con Inscrición Aberta e remitila de maneira telemática.

A Academia publicará na súa páxina web os listados coas solicitudes de participación que resulten seleccionadas o próximo 16 de novembro.

Exit mobile version