Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do C. D. Esgovarros Viveiro tiveron unha destacada actuación na carreira do San Martiño en Ourense

Nota de prensa
OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO TIVERON UNHA DESTACADA ACTUACIÓN NA CARREIRA DO SAN MARTIÑO EN OURENSE.

O pasado domingo celebrouse en Ourense a carreira do San Martiño, cunha distancia de 10 km e unha participación de máis de 3000 atletas, onde os atletas do clube viveirense demostraron estar entre os primeiros de Galicia na categoría de veteráns, onde no apartado masculino na categoría de máis de 60 anos, o vencedor absoluto da proba foi o atleta Antonio Hernandez, seguido do seu compañeiro de clube Antonio Cabana . No apartado feminino na categoría de 50 a 60 anos, Manuela Guisasola acadou a segunda posición, sendo terceira a súa compañeira Begoña De Arriba. Na categoría de 30 a 40 anos Victor Sande acadou a setima posición.

A próxima proba na que participarán os atletas do clube viveirense será o vindeiro domingo na carreira popular de Negreira.

Exit mobile version