Site icon Crónica3.com A Mariña

“É necesario completar as transferencias de ensino a Galiza e eliminar o Ministerio de Educación para non duplicar competencias e gasto” asegura o BNG e profesores da Mariña

Nota de prensa

O BNG e profesores da Mariña concordan na necesidade de completar as transferencias de ensino a Galiza e eliminar o Ministerio de Educación para non duplicar competencias e gasto.

Esixen á Consellaría de Educación obxectivos claros no camiño de mellorar a calidade do ensino público e unha aposta decidida polo uso do galego como lingua vehicular.

A Mariña, 2 de novembro de 2011. Representantes do BNG encabezados pola candidata ao congreso, Dores Fernández Abel e o parlamentario Manuel Parga, reuníronse con profesores da comarca da Mariña para expoñer as propostas dos nacionalistas cara ás vindeiras eleccións xerais do 20 de novembro. Tanto os profesores asistentes á reunión como a representación nacionalista coincidiron na necesidade de apostar por un ensino público de calidade fronte a modelos que apostan pola privatización ou aproveitan o contexto económico para aplicar recortes neste sector fundamental da sociedade. Tamén coincidiron na esixencia á Consellaría de Educación do uso do galego nas aulas e na formación permanente do profesorado. Outra das conclusións á que se chegou nesta xuntanza foi a petición das transferencias completas en materia de educación a Galiza e a eliminación do Ministerio de Educación para evitar a duplicidade de competencias e gasto.

O BNG defenderá completar as transferencias de educación a Galiza e a eliminación do Ministerio de Educación para evitar duplicidades e gasto.

Representantes do BNG encabezados por Dores Fernández Abel, candidata ao Congreso e o parlamentario Manuel Parga, reuníronse con profesores de ensino público da comarca para explicar as propostas dos nacionalistas cara ás vindeiras eleccións xerais do 20-N. Fernández Abel explicou que houbo coincidencias en moitos asuntos e salientou a necesidade de completar as transferencias de educación a Galiza e a eliminación do Ministerios de Educación, “non ten sentido que coa maioría das transferencias xa executadas aínda queden flecos como as bolsas de estudos aínda pendentes de transferir”, abundando neste sentido anunciou que o BNG “defenderá a eliminación do Ministerio de Educación para evitar duplicidades e gasto”, “se as competencias en educación están transferidas ás comunidades autónomas sobra o ministerio, e sería unha boa medida para evitar duplicidades e aforrar sen afectar ao sistema público”.

Esixen á Consellaría de Educación obxectivos claros na dirección de mellorar a calidade do ensino público apostando polo uso do idioma galego e a formación permanente do profesorado.

Fernández Abel, puxo de manifesto que na reunión tamén houbo unha “esixencia clara á Consellaría de Educación para que realice unha aposta clara pola educación pública”, “apostando polo uso do idioma propio en todos os aspectos”. A nacionalista explicou que outra das conclusión ás que se chegou nesta xuntanza foi a necesidade de fornecer ao profesorado dunha “formación permanente, tanto en pedagoxía, como en contidos e idioma, Sen a actualización e formación de quen é responsábel de impartir as materias é moi difícil conseguir obxectivos e ofrecer un ensino de calidade”, a nacionalista incidiu en que as administracións, sexan cor política que sexan, deben facer unha aposta decidida por un ensino público de calidade.

Exit mobile version