Site icon Crónica3.com A Mariña

E o que non poida… ¡ que peche !

E o que non poida… ¡ que peche !
Xestionar un municipio non debe ser doado, a falla de recursos impiden unha xestión eficiente. De inxenuos é pensar que no mapa municipal actual predominan máis os concellos saneados cos que teñen algunha débeda. Débedas que poden diferirse no pagamento ata que haxa unha fonte de beneficio para o municipio.
No concello de Foz, non se pensa así. É de lamentar, encochar o nome do noso pobo, publicando facturas de diferentes empresas nos xornais para lavarse as mans e seguir co lema do Partido Popular: “a culpa é do anterior”. Máis ,non se publica os impostos cos que recadará preto de millón e medio de euros. Igual está a aforrar, para darlle para diante ao seu “sono” da reorganización do porto, que xa empeza a darme sono. Porque cavilando un anaco, se di que non hai para luz, como vai haber para o seu proxecto estrela do novo porto. Non será que xa se está borrando sen ter os estudos do proxecto aínda na man.
Pero que se vai esperar deste “dummy” que temos por alcalde. Pendendo dun fío, con mocións de confianza petando na porta do edificio do Concello. Para máis inri, tira de tremendismo, e desafortunadamente para os cidadáns focenses, iso é o que xamais utiliza un líder, xa que crea inseguridade na xente. Tamén é unha aberración pregoar que o concello non vaia a saír para diante (cando sempre saíu) porque xenera certa inquietude da validez de quen nos goberna.
E para colmo, pois ao parecer o concelleiro Manuel Pavón non anda na onda do seu alcalde, e derrocha os poucos cartos que quedan (acorde coas afirmacións do mandatario) enviando cartas os pensionistas, anunciando como se fora novidade (implantada polo goberno bipartito da Xunta, rexeitada ademais de ser declarada arma electoralista polo Partido Popular) que se vai pagar unha cota extraordinaria as pensións non contributivas. E como non, a ambigüidade está ao orde do día, pois xenera unha pequena confusión de quen é o que fai esa aportación extraordinaria.
Aviso para navegantes: “e mellor irse cinco minutos antes de que te boten”

M. M. Fernández

Exit mobile version