Site icon Crónica3.com A Mariña

Empresarios da Mariña manteñen a súa actividade fóra da tempada de verán co Km0

Nota de prensa:
Empresarios da Mariña manteñen a súa actividade fóra da tempada de verán co Km0.Deputación de Lugo

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, recibiu hoxe no Pazo de San Marcos ós máis de 100 participantes que hoxe visitarán os Concellos do Vicedo e Ribadeo

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, recibiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ós dous colectivos que participaron hoxe en Km0.Deputación de Lugo. Son 55 membros da “Asociación de Veciños de Vilarmide”, na Pontenova, os cales visitaron O Vicedo; e 48 da “Asociación de Mulleres Rurais Ledicia”, en Navia de Suarna, quenes redescubriron o Concello de Ribadeo. Ambos os dous colectivos puideron repoñer forzas en establecementos hostaleiros destes municipios: “Area Grande” e o “Voar”.

Km0 consegue deste xeito, que multitude de empresarios da provincia, como é o caso dos propietarios de restaurantes, así como de tendas de alimentación ou de productos típicos, consigan manter a súa actividade en tempadas nas que, tradicionalmente, moitos deles estaban abocados ó peche pola ausencia de clientes. É o caso dos negocios desta índoles da Mariña, unha das zonas máis demandadas polos participantes no programa medioambiental da institución provincial que, na actualidade, manteñen a súa actividade, así como postos de traballo, ó acadar uns ingresos máis constantes co Km0.

Outras visitas

Este mércores, 48 membros da Asociación Veciñal “O Cantal” de Ribadeo, farán a ruta “As Androllas” que os levará a Navia de Suarna. Na fábrica “Navia” verán o proceso de elaboración dos famosos embutidos que poderán degustar no bar “Xegunde”. Polo serán poderán gozar cun paseo polas ribeiras do Río que da nome ó Concello e facer unha visita ó Castelo, reedificado polos Condes de Altamira, e á ponte oxival de orixe romana. Tamén mañá, 55 integrantes da asociación veciñal focense de San Pedro de Cangas, viaxarán ata Monforte de Lemos para camiñar polas rúas do antigo barrio xudío, admirar as obras expostas na pinacoteca de Nosa Sra. La Antigua e finalizar o día cun paseo polos xardíns da Compañía. Degustarán ademais, da gastronomía típica cun xantar no Parador de Monforte.

O xoves, será a quenda de 48 membros da “Asociación Veciñal de Camporramiro”, de Chantada, e dun colectivo de 55 participantes individuais. O primeiro grupo viaxará ata Ribadeo para coñecer a illa Pancha e, tras o xantar na Cofradía de Rinlo, dar un paseo ata o conxunto arquitectónico do castelo e fortaleza de San Damián e rematar cun paseo polo casco histórico da localidade ribadense. O colectivo individual, pola contra, viaxará cara o interior, a terras chairegas, para admirar o maior seguidor solar do mundo, instalado no Concello de Vilalba; tamén comprobarán as propiedades mediciñais da charca do Alligal e o patrimonio que descansa nas salas do Museo Arqueolóxico do Concello vilalbés. Na localidade poderán repoñer forzas co xantar que se lles ofrecerá no Restaurante Montero.

Exit mobile version