Site icon Crónica3.com A Mariña

En obras a estación de tratamento de auga potable do consorcio de abastecemento a Cervo-Burela na Senra

Nota de prensa

O CONCELLO ACOMETE OBRAS DE CANALIZACIÓN DAS AUGAS SOBRANTES DA ETAP DA SENRA

Os traballos están financiados por Augas de Galicia e teñen un orzamento de 46.000 euros

Paralelamente a estas obras se está a realizar tamén a canalización do saneamento do Local Social deste burgo, construído recentemente polo Concello

Cervo, 11 de novembro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou esta mañá xunto con técnicos municipais e de Augas de Galicia as obras que se están levando a cabo na estación de tratamento de auga potable pertencente ao consorcio de abastecemento de auga Cervo-Burela que está ubicada no burgo da Senra.

Segundo indicou o rexedor, esta actuación consiste na construción dun tramo de aproximadamente 1.000 metros de canalización destinado a transportar as augas sobrantes do proceso de depuración da ETAP (que non se poden reciclar para o consumo humano cara) cara a estación depuradora de augas residuais (EDAR), ubicada preto do leito do río Xunco. As obras están financiadas na súa totalidade por Augas de Galicia e teñen un orzamento de 46.000 euros.

“Con estes traballos dáselle unha solución aos problemas xurdidos trala posta en servizo desta nova rede de abastecemento de augas a Cervo e Burela; un problema do que fomos tanto os veciños deste burgo da Senra, coma nós, dende o Concello fomos conscientes dende un primeiro momento. E tamén xuntos, e coa inestimable axuda da Xunta de Galciia, conseguimos felizmente atoparlle unha solución o máis axeitada posible” sinalou o alcalde cervense.

Saneamento do local social

Villares dixo tamén que o Concello está aproveitando a realización destes traballos para acometer paralelamente as obras de canalización do saneamento do Local Social, construído polo Concello recentemente neste burgo da Senra.

Exit mobile version