Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudan en Burela liñas de actuación para a reinserción no mercado laboral das persoas desfavorecidas

Nota de prensa

XUNTANZA ENTRE O CONCELLO, O IES PERDOURO E O EQUIPO BBZ AUGSBURGO CO OBXECTIVO DE ESTUDIAR LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA A REINSERCIÓN SOSTIBLE NO MERCADO LABORAL DAS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS.

Burela, 8 de novembro de 2011. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e varios técnicos municipais (de Servizos Sociais Comunitarios, Axencia de Desenvolvemento Local e Centro de Formación Ocupacional) mantiveron esta mañá un encontro con membros do IES Perdouro e con responsables do equipo BBZ Augsburgo e da Xerencia da Asistencia Social desta comarca en Alemania.

Segundo explica Durán “a finalidade da reunión era intercambiar liñas de actuación respecto ao ámbito da reinserción sostible no mercado laboral das persoas mais desfavorecidas, profundizando en ferramentas de traballo tales como orientación/entrenamento, cualificación profesional e servizo de colocación, como unha opción para toda a xente interesada na integración ou estabilización laboral e tamén para aquelas persoas interesadas en mellorar a súas oportunidades de traballo”.

A edil popular sinalou que “BBZ Augsburg é unha sociedade alemana de interese público, fundada en 1990, dedicada á implementación de medidas de inserción laboral, sobre todo para adolescentes sin formación por falta de título escolar a través de, entre outros, proxectos da Unión Europea. Ademais de socios en León e en Burela (IES Perdouro), contan con outros en Italia, Escocia e Austria. No verán estiveron 13 rapaces e rapazas para adquirir coñecementos laborais en distintas áreas municipais (escola infantil, obras e medioambiente). E na actualidade son 7 os que se atopan en distintas empresas burelesas, agás unha delas que adquire coñecementos e práctica na escola infantil do Concello”.

Exit mobile version