Site icon Crónica3.com A Mariña

Facer legal o que é real

Facer legal o que é real

Os responsables da patronal estatal e galega reclaman unha nova reforma laboral, “cambios profundos” no sistema fiscal e non sei cantas cousas máis. Ao parecer posúen “a menciña contra a crise”, que é crear empresas, e destacan que “a dificultade máis evidente” é a falla de financian. Non se referiron a aspectos sociais, nin as nóminas de 700 euros que se converten en salarios de 500, ni a precariedade laboral, nin aos contratos de media xornada que duran oito ou máis horas. Pediron “facer legal o que é real”, dixeron que a actual normativa laboral ten “demasiados tipos” de contrato, e propuxeron que se fagan “menos leis, máis claras e que no podan modificarse na mesma lexislatura”. Que voracidade!. Saque vostede as conclusións que crea oportunas e valore o feliz que pode chegar a ser a partir do 20N. Algunhas especies non se sacian nunca.
Xosé Rego

Exit mobile version