Site icon Crónica3.com A Mariña

Falsedades á maneira

Falsedades á maneira

Pasa Nuñez Feijoo po la bisbarra e dá un paseo por Viveiro fachendeando do futuro laboral do sector eólico (Vestas Ibérica) e aproveita para pedir o  voto para Mariano. Pois como usa a sua axenda para a campaña, démoslle un repaso o seu desgoverno. Aliviados por que sigue chovendo e non hai que facer rogativas en vez de confiar nos desarmados servizos contraincendios, Feijoo ainda non explicou a anulación do anterior Concurso Eólico, que resultou ser legal, convocando e adxudicando outro que non se vai a desenvolver (veremos os cartos que hai que pagar para indemnizar o anulado e estoutro que vai po lo mesmo camiño; pareceme a min que iso de duplicar os postos de traballo en Viveiro….).Ainda non explicou os aspectos regresivos da Lei do Chan, con actuacións tan escandalosas como a retirada dos recursos contenciosos presentados pola Xunta contra algunhas das licenzas presuntamente ilegais en Barreiros (poñemos 14 millóns de euros todos para que os aforren os promotores e listo bueno oh); ainda non explicou que fixo cos compromisos de rematar con paro e  arranxar a economia en 45 días (será por que non deu vendido os audis que eran o problema….). E agora dí que Mariano vai facer o mesmo ben que os da Feijooneta na Galiza. Será para colocar a algún outro familiar del (lembrade que Manuel Fernández Balboa sí o irmao da esposa de Mariano, foi escollido a dedo para a Dirección Económica Financiera da Fundación Cidade da Cultura co PP de Fraga que era o de Feijoo, e velaí os resultados da sua “xestión”); prometeu baixar o IRPF e non quere nin oir falar diso, claro; o programa do PP lamentaba o número de desempregados, 189.903 en xaneiro do 2009 e xa pasamos agora dos 240000 (e os que teñen agochados tras as estratexias contabeis da Consellería de Traballo); asegurou cunha auditoría (por certo pédironlle os cartos de volta? por que vaia ollo) que fusionar as caixas era o mellor e velaí estan no limbo dos regalos de reis deste ano para algún especulador.
Volven os de sempre, nunca se viron mentiras á maneira.

Iago Villamil Cajoto

Exit mobile version