Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciase en 30 locais de Foz a festa gastronómica da raia comeza “O campñazo do Bingo”

Nota de prensa

HOXE COMEZAN EN FOZ A FESTA DA RAIA E O CAMPAÑAZO DO BINGO ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.

Foz, 4 de novembro de 2011. Hoxe comeza unha nova edición do Campañazo do bingo, que pon en marcha a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes que fan as súas compras no comercio local. O Campañazo repartirá en total 1.200 euros en premios ao longo dos venres de novembro. Os sorteos serán ás once da noite e poderán seguirse en directo por Radio Foz.

E tamén hoxe iníciase en Foz a festa da raia, que organiza a ACIA coa colaboración da Confraría de Pescadores. Máis dunha treintena de bares e restaurantes ofrecerán racións de raia cociñada de moitas formas, en caldeirada, frita, á galega, ao forno, ao pimentón… O prezo da ración será de 5 euros. A festa da raia continuará durante toda a xornada de mañá sábado.

Exit mobile version