Site icon Crónica3.com A Mariña

Gabriel Galante acadou o primeiro posto alevín no IX Trofeo Federación Galega, celebrado en Pontevedra

Nota de prensa:

O pasado día 26 de novembro celebrar en Pontevedra o IX Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Sala para as categorías Infantil, Alevín, Benjamin e Ardilla e o XV Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de Sala para as categorias superiores.
O noso Porteiro Gabriel Galante Briones, fíxose co primeiro posto na categoría Alevín da modalidade de arco recurvo. Tras disputar unha primeira quenda bastante apertada na que lograria situarse en primeiro lugar cunha puntuación de 286, a tan só catro puntos de Antón Branco Bermudez do Club Silex das Pontes de García Rodriguez . Xa na segunda entrada e mais relaxado lograría despegarse do seu adversario logrando unha puntuación de 285 con respecto a Antón que lograría os 269 puntos. Cunha participación bastante importante a clasificación final sería a seguinte:
1º Gabriel Galante Briones do club Castelarco (Alfoz-Lugo) con 571 puntos, 2º Antón Branco Bermudez do Club Silex (As Pontes de García Rodríguez) con 551 puntos, 3º Pablo Seoane Verme do Club Ares (A Coruña) cunha puntuación de 543.

Nas categorías superiores a nosa única representante Ana María Briones Montes quedaría cunha puntuación de 367 puntos situaríase sexta.

Exit mobile version