Site icon Crónica3.com A Mariña

Hai país despoís do 20-N?

HAI PAÍS DESPOIS DO 20-N?

Malo, pero haino. Así que o mellor que podemos facer é ir pensando xa no día despois, que este non será o 21 N, o primeiro día normal que nos chegará situarase o 9 de xaneiro. Se non se asusten, pero é a verdade.

Fagamos contas, a última semana de novembro para facer análise e sentar na cadeira de brazos para ver como roda o Cava (agora o PP volverá falar catalán na intimidade) e sobre todo como rodan cabezas.

A primeira semana de decembro, con martes e xoves como festivos, este país convértese en inhábil até o 12. Día no que empezarán a poboarse algunhas cidades (as que se poidan permitir pagar as luces) de adornos do Nadal.

A semana do 12 ao 22, estará chea de comidas e ceas, preparativos, lotería e algún que outro desgusto. Así que ninguén me negará que unha vez metidos en pleno nadal, este país entra nunha especie de Nirvana espiritual que sen darnos conta métenos en plena celebración dos Reis Meigos.

E como temos a sorte de que este ano os reis caen en venres, alargaráse a festa até o mesmo domingo 8. Ese día todo o mundo facendo contas de como afrontar a situación real, algúns tirándose dos pelos por gastar en agasallos máis da conta, outros pensando como afrontar a costa de xaneiro máis longa e empinada das últimas décadas e a maioría rezando para que o Santo Rajoy saque por fin do seu peto o candil maravilloso que nos fará a todos felices.

Apaga o candil marica chús, chús
Apaga o candil que ten moita lus
Que ten moita lus moita claridá
Apaga o candil e achégate alá

Pero cando despertemos ese día 9, comprobaremos que nos espera un 2012 que levará por diante máis dunha ilusión, e moitos soños poden correr o risco de converterse en pesadelos. Pero tranquilos, os mozos do Mundo, Intereconomía, ABC, A Razón, etc., xa teñen apuntado no seu caderno os titulares. A CULPA É DO IMPRESENTABLE DE ZAPATERO QUE NOS DEIXOU UNHA HERDANZA QUE NIN O PAPA DE ROMA, TAN SABIDO E TAN SANTO, SABERÍA XESTIONAR

Así que o mellor, que gocemos este final de 2011 e cantemos aquello tan vello de:

Yo tenía una ilusión y ese amor fue lo más bello
Yo tenía la esperanza que tú volvieras de nuevo
Yo tenía una ilusión y ese amor fue lo más bello
Necesito tu calor negrita aquí te espero
Yo tenía una ilusión y ese amor fue lo más bello
Yo sé que tú me quieres a mí y yo a ti te quiero
Uyyy

Otero Regal.

Exit mobile version