Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro pide que se coloquen valados na estrada LU-540 ao seu paso polo alto da Gañidoira

Independientes de Viveiro pide que se coloquen vallas na estrada LU-540 ao seu paso polo alto da Gañidoira

Moción

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
MOCIÓN

COLOCACION DE VALLAS NA ESTRADA LU-540 O SEU PASO POLO ALTO DA GAÑIDOIRA.-

Todos somos conscientes do perigro que entraña a irrupción de animais (cabalos,vacas,etc) na calzada da estrada LU-540, Viveiro-Cabreiros o seu paso polo alto da gañidoira, na que nos últimos anos houbo varios accidentes de diversa gravidade, o mais recente o dun veciño de Covas.

Despois da resposta do Valedor do Pobo a un viveriense, que tras sufrir un accidente nesa zona, presentara una queixa avalada por 3.690 firmas, instando o organismo a indagar ante a Consellería de Medio Ambiente de por qué non se fixera o proxecto previsto para esa vía, o Valedor indicalle o arquivo do expediente o non apreciar «actuación irregular» por parte da Xunta.

A Consellería explica, que o vial cando foi mellorado baraxouse a posibilidade de instalar pasos canadienses (obstáculos para evitar que os animais circulen libremente), «pero desbotouse ante a forte oposición veciñal», que se sabe que non existiu tal rechazo.

A Xunta precisa que en dita carretera existen 31 sinais entre los puntos kilométricos 38,00 e 39,400, e sete paneis reflectantes de grandes dimensiones que advirten sobre a presencia de cabalos soltos e aconsellan moderar a velocidade. Ademáis, engade que en Marzo de 2010 colocarónse máis sinais de perigro nun panel complementario instalado no kilómetro 39,400, que advirte do risco, nunha distancia de tres kilómetros. O que non deben de saber os técnicos e que os animais non entenden as sinais de trafico por moito coidado que teñan os conductores.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorial e Infraestructuras considera «suficiente» á señalización existente.

Asi mesmo na maioria dos casos os propietarios dos animais nunca apareceron, xa que os mesmos non llevaban o microchip, que é obrigatorio.

De todos e coñecido tamén que as inclemencias meteorolóxicas na zona, con moita choiva e con moita neboa, sobre todo no tempo de inverno dificulta xa de por si a boa circulación. Ademáis que caseque non se ven as liñas da carretera.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro somete á consideración do Pleno da Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

Instar á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia o vallado das duas marxes de carretera LU-540 entre os concellos de Muras e Ourol, e a colación de pasos canadienses en donde sea preciso.

Dar traslado a tódolos grupos parlamentarios representados na Xunta de Galicia para a sua constancia.

Exit mobile version