Site icon Crónica3.com A Mariña

Lea electoral do PP pola visita do ministro de Fomento a Ribadeo

Nota de prensa:

O candidato do PSOE tan só se interesa pola Mariña lucense cando hai que pedir o voto pero non mentres que foi con el como ministro unha das comarcas máis prexudicadas polos recortes de Fomento

Balseiro lémbralle a Blanco que tras case oito anos de gobernos socialistas nin remataron a autovía do Cantábrico nin comezaron as obras do corredor da costa

Escoitar aos socialistas falar de postos de traballo é case insultante: fai catro anos prometían o pleno emprego e rematan con cinco millóns de parados.

Salientan que fronte á promesa de Rajoy de blindar as pensións o PSOE ten a dubidosa honra de ser o primeiro partido que as conxela e as recorta.

Blanco está “inhabilitado como candidato polos seus problemas xudiciais” e así o demostrarán os lucenses co seu voto.

A Mariña lucense, 5 de novembro de 2011.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que o candidato socialista Jose Blanco tan só se interesa pola Mariña lucense “en período electoral e para pedir o voto”, pero non o fixo así durante o conxunto da pasada lexislatura xa que esta foi “unha das comarcas máis prexudicadas polos recortes e impagos do Ministerio de Fomento” que el dirixía.

Neste senstido Balseiro lembroulle a Blanco que tras case oito anos de gobernos socialistas nin foron quen de rematar a autovía do Cantábrico -permanentemente bloqueada no treito entre Lourenzá e Mondoñedo- nin deron comezado as obras do corredor da costa que se atopa na mesma situación administrativa que cando o PSOE accedeu en 2004 ao Goberno central. “Ambas actuacións adoecen de significativas parálises e atrasos inxustificados” -dixo Balseiro.

EMPREGO

O secretario xeral do PP lucense tamén lamentou que na súa visita á localidade de Ribadeo -ante un escaso aforo de simpatizantes- Jose Blanco decidira dar leccións sobre como se crean postos de traballo. Contrapuxo ademais as promesas socialistas todas incumpridas coas propostas de futuro que os mozos do PP e candidatos populares fixeron nun acto interautonómico sobre emprego organizado polas Novas Xeracións.

“Escoitar a un socialistas falar de emprego é case insultante -expuxo Balseiro- tendo en conta que son eles os responsables de que hoxe en España haxa preto de cinco millóns de parados. De feito os que fai catro anos prometían en campaña electoral pleno emprego, hoxe deixan o goberno coa maior taxa de paro da nosa historia”

A DUBIDOSA HONRA DE RECOTAR AS PENSIÓNS

No ámbito das pensións o secretario xeral dos populares lucenses reclamou a Blanco e ao resto dos candidatos socialistas que “pidan perdón” por ter a dubidosa honra de ser os primeiros na historia deste país que non só non incrementan as pensións -conxelándoas- senón que incluso as baixaron recortando o poder adquisitivo das persoas maiores e pensionistas”.

INHABILITADO COMO CANDIDATO

Jose Manuel Balseiro dixo que a única declaración que os lucenses esperan escoitar de Jose Blanco é a da súa dimisión, como consecuencia dos procesos xudiciais nos que está inmerso. “Este señor, está inhabilitado como candidato, e así o demostrarán os lucenses a través do seu voto” e reclamou como alternativa a do PP, que traballará para que Galicia volva ser unha das prioridades do Goberno central que presida Mariano Rajoy.

Exit mobile version