O martes 15 de novembro, entre as 5 e as 7 da tarde, Ledicia ofrecerá unha clase de iniciación ó frivolité de xeito gratuíto no propio local da exposición, para o que contará coa colaboración da monitora Elizabeth Fernández Novella. As persoas interesadas deben levar unha lanzadeira de frivolité e un fío de grosor medio e cor clara para ver mellor o traballo. A Sociedade Cultural Ledicia mantén aberta en horario de tarde (de 5 a 8) a exposición de traballos dos cursiños da tempada 2010/2011, na primeira planta do centro comercial Porto Plaza, coa colaboración de “Os Molineros”.