Site icon Crónica3.com A Mariña

Marful presenta en Pontevedra o seu “Manual de Sedución”

Marful presenta en Pontevedra o seu “Manual de Sedución”, o disco foi gravado e mesturado en Pontecaldelas
Nota de prensa

Marful presenta en Pontevedra o seu “Manual de Sedución”

O disco foi gravado e mesturado en Pontecaldelas (Caritel) e desde o 2004, Ano da Música é Pontevedra un porto que acubilla un dos mellores grupos do pais. Estarán acompañados por Leandro Deltell (bateria), Ivan Garcia (guitarra), Marcelo Gonzalez e Marina Oural (performances)

Pazo da Cultura de Pontevedra, sábado 5 de novembro ás 21:00h

Entradas á venda:
https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=04E&idEvento=3030

Desde a súa presentación no outono de 2010, o “Manual de Sedución” de Marful percorreu boa parte de Galiza e Portugal, onde foi o primeiro grupo galego que se presentou no templo da música portuguesa: a Casa da Música de Porto.

Marful está considerado o mellor que lle pasou á música galega na última década e, logo do éxito do seu primeiro disco e tras catro anos de espera, chegan con este “Manual de Sedución”, un disco para os/as amantes.

Son moitos os contos, anédotas, e vivencias de namoramento que ten recollido este grupo co seu Manual, porque bucea nas profundidades do amor. Un amor indisolúbel que desafía o tempo e os costumes, que se nega a pactar coa monotonía e a necesidade. É un amor cósmico que cre nas causalidades. Marful cre na feminización do universo e na escoita activa dos bioritmos. Marful atopa unha unión de xénero entre a fantasía, a inocencia, a frescura, a espontaneidade e a capacidade de xogo. Os discos como fillos/as teñen parte de nuves e de soños, os seus discos non son fillos/as do ego.

O “Manual de Sedución” esgotou a súa primeira edición ao mes de se presentar, e a segunda seis meses despois. Había espectación e gustou o resultado. Este sábado 5 de novembro Marful presenta o seu novo disco no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes). No directo fanse acompañar de Xacobe Martínez (contrabaixo). Os dous convidados de excepción neste concerto son o sr. Leandro Deltell, considerado un dos mellores baterías do país e o xoven Ivan García (guitarrista e fotógrafo lalinense).

Manual de Sedución foi gravado nos Estudios Savik Sound de Caritel (Pontecaldelas) e contou coa colaboración de Xacobe Martínez (contrabaixo), LAR Legido (bateria e percusións), David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha (violín) e Germán Díaz (serra). O técnico de son foi José Trincado.

…combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che muito boas, o caso é ter tempo para amar, na trajetória silenzo quero-te mais / contradecimos o que ponhemos em juizo, reconhecemos este xeito de tar, com quatro doses compensas esta minha idiota ilusom porque conhezo a miséria animal…

“Jota para Frank Sinatra”. Marful

Podes escoitala en: http://www.goear.com/listen/c69e49e/jota-valseada-para-frank-sinatra-marful

Videoclip: http://www.youtube.com/watch?v=SCg72_3NyJA

Máis información: www.marful.info

http://clubedefansdemarful.blogspot.com/

Exit mobile version