O pasado venres tivo lugar unha emocionada charla de Marina Mayoral sobre a “Maxia e o humor nun conto de Alvaro Cunqueiro”. Sobre o conto “A cabeza de Bouso”, imaxinación, universo e realismo máxico, costumismo e moito humor, os presentes puideron oír e logo levar as súas casas, un conto de Alvaro Cunqueiro para moitos descoñecido.