dos traballadores de Mobles Hermida. Están coaccionados dalgún xeito. Non se explica que nunha fábrica con 200 empregados, participe tan pouca xente na protesta. Hai medo a represalias, e así se desprendía das verbas do presidente do comité de empresa.
Tampouco hai liberdade de expresión, e os medios de comunicación están calados coma ratos. A xente non fala porque ten medo. Non axuda moito o feito de que aínda non se saiban os despedidos, e a empresa fai todo o posible para non dala, así ten a tixola polo mango, e segue co clima de medo, para que non se mova nin unha palla.
É moi triste que nos tempos actuais ocorran esta cousas, algúns pensan, na súa inxenuidade, que estamos na democracia dende hai 30 anos, máis non é real. Dame arrepío pensar que se lle deron uns 7 millóns de euros, de todos os contribuíntes, regalóuselle, practicamente, o terreo do polígono industrial, cos servizos correspondentes, e agora manda para a rúa 94 traballadores, sen poñerse a negociar en serio. Iso sí, fano moi profesional, con empresas contratadas ao efecto, sen dar a cara directamente os propietarios, e con informes preparados para a ocasión, todo moi aséptico e, repito, profesional do mundo empresarial. Iso tamén o fixo Papademus ou Draghi cando traballaban para Goldman Sach, e agora aí os temos no poder en Grecia ou no BCE, sen esquecer a Mario Monti, na Italia.
Agora que gañou o PP, dáme medo pensar que vai ocorrer co tema Mobles Hermida, pois nunca os de dereitas estiveron na defensa dos traballadores.
Algúnsdos que votaron PP van retorcer as orellas dentro de pouco, e senón xa me contaran a partires de xaneiro, ou antes.
Brais