Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo conmemorará os cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro cunha macrorrepresentación teatral

Nota de prensa

Mondoñedo prepara unha macrorrepresentación teatral para conmemorar os cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro
Edición especial da “Noite de Merlín”

· Dezaeoito anos despois da última posta en escea en Mondoñedo da adaptación teatral da novela do escritor

Álvaro Cunqueiro, varias institucións e asociacións culturais da localidade xunguen esforzos para que volvan a cobrar vida na Cidade da Paula os personaxes do “Merlín e familia”.
· O sábado, 17 de decembro é a data escollida para a escenificación da representación teatral na que participarán máis de duascentas persoas.
· Luis Fernández Ansedes, presidente da Asociación “Abrindo Camiño” é o coordinador dunha iniciativa que contará coa colaboración de Xan Carballal na composición e dirección musical. Paula Buján, Isidoro Rodríguez, Mita Adriana Beutel, Paco Piñeiro e Ernesto González Torterolo son algúns dos responsables de escenificación, coreografía, iluminación, sonido, atrezo e deseño de cartelería e decorados. A guionización correrá a cargo de Elías Noël Fdez. Ferreira.
· Na organización do evento están implicadas, entre outras entidades, a Escola de Música “O Pallarego”, a Asociación Xuvenil “Xoldra”, Asociación “O Pasatempo”, O Concello de Mondoñedo e a Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
· A xornada completarase con mesas de debate e outras actividades que serán dadas a coñecer, así como os pormenores da macroescenificación, nunha presentación oficial que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de novembro en hora e lugar que será dado a coñecer nos vindeiros días.

Exit mobile version