Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas de hoxe

Novas de hoxe

Hoxe toca resumo de novas dos xornais, e comentarios das mesmas.
Unha, procesados na Pobra polo tema dunhas subvencións. Cando se
investigará con seriedade e rigor tódalas subvencións, da Xunta, da UE ,
do Estado… Porque eu supoño que as subvencións danse para algún fin, e
haberá que comprobar as condicións que se poñían, non ?
Outra, a do despilfarro en aeroportos, e logo, hai que agardar a crise para
ollar coa lupa os investimentos? Agora estamos a ver que se malgastaron
millóns de euros en León, Albacete, Ciudad Real, Huesca….Non teriamos que
racionalizar sempre o gasto?
Unha máis, corte de luz en Foz, por débedas a empresa. E logo que foi dos
cartos ingresados na era do ladrillo? Porque non actualizan o cobro do IBI?
Hai moitos pisos en Foz que non pagan, claro moitos son dos construtores, e
a estes Pepito, tíñaos moi mimados, non ?

Lourenzo

Exit mobile version