Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo plan de recollida do lixo en Foz

Novo plan de recollida do lixo en Foz
Hoxe coma días posteriores soan as campas da recollida do lixo en Foz e quen as toca e o novo equipo de goberno que nos representa. ¡¡Que se o anterior sistema non e posible por ser anti económico!!, ¡¡Que daban mala imaxe ver coma os bidóns!!, en fin unha serie de ditos e diretes que para nada serven para a realidade que temos. Soamente uns exemplos con estas fotografías que presento. Non me podo crer que ningún edil, funcionario o algún responsable do concello se fixe neste punto de desastre que temos enfronte do cámping de Peizás polo menos dende mediados do mes de setembro. Sinto vergonza coma cidadán de Foz ver a diario pasear a centos de persoas de noso concello e de fora tamén por diante desta esperpenta imaxe. Non haberá diñeiro según o alcalde, pero do que si estou seguro e que non ai nin idea do que temos nas maos, coma tampouco gañas de aprender unha cousa tan sinxela. Non sei cal e o mellor plan pero este quita as gañas de pasear por este concello tan fermoso que nos deo a natureza. Foz e turismo, Foz e natureza, Foz e unha fonte de riqueza se cuidamos o seu entorno.

Exit mobile version