Site icon Crónica3.com A Mariña

O ala-pivote Dani Martín consolidase como o máximo goleador da Segunda División con 14 tantos

Nota de prensa

DANI MARTÍN, MÁXIMO GOLEADOR DA SEGUNDA DIVISIÓN

O ala-pivote Dani Martín está facendo méritos, e moitos, para recuperar a estatuíña de pichichi laranxa en 2011-12. Esta fin de semana consolidouse como o máximo goleador da Segunda División en solitario con 14 tantos, tras o hat-trick no suculento encontro de Vista Alegre ante o Manzanares FS (10-3).

O liderado burelista está perseguido na táboa por Juanillo, do Melilla FS, e Leo, do Space Gasifred Ciutat d’Evissa, con 13 goles; con 11 Solano, do Fuconsa Jaén; e coa decena Cabinho, do Hotels Plaza Andorra, Carlos Alberto, do Oxipharma Granada, e Flores, do UMA Antequera.

A pegada goleadora do salmantino é unha das habituais do Burela FS Pescados Rubén con presenza en 7 dos 9 compromisos que ata momento leva disputados o cadro mariñán, fronte a ElPozo Ciudad de Murcia (2), Andorra (2), Colegios Arenas Gáldar (1), Unión África Ceutí (1), Hospitalet Bellsport (1), Playas de Castellón (4) e Manzanares (3).

Na súa anterior etapa defendendo a camisola laranxa, en 2009-10, Dani Martín foi o máximo anotador do conxunto burelao, con 28 tantos na liga e 5 nos play off.

Exit mobile version