Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Alfoz opta por subirlle os impostos aos veciños en lugar de adaptar os gastos do concello aos recursos existentes, explica o BNG

Nota de prensa

“O PP DE ALFOZ SUBE OS IMPOSTOS DE FORMA DESORBITADA”

Onte día 10 de novembro celebrouse pleno extraordinario no concello de Alfoz para tratar a ordenanzas reguladoras do imposto para vehículos de tracción mecánica e as taxas pertencentes a construcción de inmmobles.

O alcalde Emilio Lousas opta por subirlle os impostos os veciños en lugar de adaptar os gastos do concello os recursos existentes, para así poder continuar coa política de despilfarro que levan dende que están no goberno e asumir importantes cargas para o concello como é o seu soldo.

O pp de Alfoz aprobaron onte un incremento do 10% nas cuotas para o vechículos de tracción mecánica e dun 33% para a realización de edificación e outras contruccións, ese é o porcentaxe de incremento que teran que asumir os veciños.

Dende o Bng mostramos claramente a nosa oposición a este repentino e abusivo incremento de impostos, resulta que non xestionan o concello de forma correcta actualizando as tasas cando é oportuno, e ahora de forma totalmente improcedente incrementaselle o cargo os veciños en algunhas tasas un 33%, nuns momentos no que se está a perder poder adquisitivo tamén de forma moi esaxerada.

Consideramos demagóxica a actitude do equipo do pp de Alfoz que por un lado se queixan de que non teñen diñeiro e por outro continúan subvencionando festas, comidas e excursións cuns fins que só eles saben e que para nada son prioritarias para o benestar dos veciños do concello.

Practican a demagoxia con total desfachatez tratando os veciños como tontos, xa que a tasa para novas construccións argumentan que só a suben un punto do 3% o 4%, e ignoran que dese feito resulta que un veciño incrementaselle a cuota a pagar nun 33%, xa que unha persoa que construia unha vivenda de 100.000 euros antes pagaba 3000 euros e ahora terá que pagar 4000 euros o cal supón un incremento dun 33% sobre o que pagaban antes.

Exit mobile version