Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros agradece o traballo da Deputación para rehabilitar as escolas de San Miguel de Reinante

NOTA DE PRENSA:

PARGA AGRADECE A ANTONIO VEIGA E JOSÉ MANUEL GÓMEZ O TRABALLO REALIZADO PARA QUE A REHABILITACIÓN DAS ESCOLAS DE SAN MIGUEL DE REINANTE SEXA UNHA REALIDADE.

Barreiros, 5 de novembro de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, agradece aos dous deputados provinciais barreirenses, Antonio Veiga (BNG) e José Manuel Gómez Puente (PP), o traballo realizado para que a rehabilitación das escolas de San Miguel de Reinante sexa unha realidade.

O rexedor sinalou que “o señor Antonio Veiga xa demostrara o seu interese desde o ente provincial en participar coa rehabilitación, e despois de facerse coa propiedade o Concello de Barreiros, a través de cesión da Asociación de Hijos de San Miguel y Reinante, xunto coa chegada á Deputación de Lugo de José Manuel Gómez Puente, fáise realidade este proxecto”.

Fuente Parga explicou que “desde a miña chegada á alcaldía o meu propósito era o de contar en cada parroquia cun local axeitado para a realización de actividades por parte dos veciños, así como para realizar xuntanzas”. E lembrou que “se rehabilitou o local de Cabarcos, está en obras o de San Xusto, rematóuse neste ano o de Celeiro de Mariñaos e nos dous vindeiros anos listos os de San Miguel de Reinante”.

O alcalde considera que “Barreiros debe aproveitar a ocasión de estar representado na Deputación Provincial de Lugo por dous concelleiros de Barreiros. Creo que éste é o inicio dun conxunto de axudas que teñen que chegar desde esa institución. Agradezo de novo o traballo dos dous deputados e convídoos a traballar para conseguir para o noso concello unha residencia de maiores, desde a alcaldía non esgotaremos esforzos en axudar”.

Exit mobile version