Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela di non admitir presións porque haxa traballadoras que non cobraron en outubro

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE NON ACTUARÁ AO RITMO DA CIG E SUBLIÑA QUE NON ADMITIRÁ PRESIÓNS DE NINGUÉN. ASÍ SE REFIRE ÁS CRÍTICAS VERTIDAS POR ESTE SINDICATO SOBRE A SITUACIÓN DAS TRABALLADORAS QUE LIMPAN AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS.

Burela, 18 de novembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, asegura que non actuará ao ritmo que lle marque a CIG e subliña que non admitirá presións de ninguén. Así resposta ás críticas vertidas no día de hoxe polo sindicato nacionalista nas que acusan ao Concello de Burela de ter débedas coa empresa de limpeza das instalacións municipais desde o mes de xullo, motivo polo que as traballadoras non terían percibido o salario do mes de outubro.
González Barcia sinala que “o retraso con esta esta empresa é sensiblemente menor que con outras”. Ao rexedor resúltalle “curioso que a CIG saque esta nota de prensa hoxe porque o único que está a facer é política, como o demostra o feito de que ata a xornada de onte non se interesasen pola situación destas traballadoras nin tampouco pola situación da empresa co Concello de Burela”.
O alcalde di que “este sindicato nin siquera solicitou unha xuntanza ao Concello, pero o Concello xa lles propuxo ás traballadoras manter un encontro para explicarlles as cousas, queremos explicarlles con pelos e sinais o que está a pasar”. José María González Barcia subliña que “como alcalde non vou actuar ao ritmo que me marque a CIG e o equipo de goberno tampouco. É máis ímoslles dar antes explicacións ás traballadoras que ao propio sindicato. Con estas actitudes non se defenden os intereses das traballadoras, deben estar moi desesperados nesta familia política para ter que chegar a estes extremos”.
Barcia indica que “non vou admitir presións de ninguén e menos da CIG, con quen teño que falar é coas traballadoras da empresa que, por certo algunhas delas, sí se preocuparon de conocer a situación pola que están a atravesar. Da a sensación de que o sindicato vai por libre por un lado e as traballadoras por outro”.

Exit mobile version