Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo anuncia que se están a rematar as obras da primeira fase do saneamento de Trasbar

Nota de prensa

O CONCELLO REMATA AS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DO SANEAMENTO DE TRASBAR

O investimento desta actuación, de máis de 54.000 euros, consiste na construción dunha estación de tratamento e dunha primeira fase da rede de colectores de PVC, que conducirán as augas residuais desta parroquia

O Goberno municipal cumpre así unha das súas principais apostas estratéxicas: o achegamento a todos os núcleos rurais da rede de saneamento

Cervo, 26 de febreiro de 2011.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, ven de anunciar que nestes días estanse a rematar as obras da primeira fase do saneamento da parroquia de Trasbar.

O investimento desta primeira fase é de 54.844,08 euros. As obras consistiron na instalación da rede de saneamento aos burgos das Donas, A Cruz e a Boqueira e na construción dunha estación depuradora no lugar do Rego da Santa, a cal vai dar servizo a todos este núcleos de poboación; así como tamén servirá para albergar a maquinaria e o pozo para toma de mostras.

Segundo indicou o rexedor, o sistema de depuración elixido para dar servizo a estas vivendas consiste nun proceso biolóxico compacta mediante un proceso de nodos activados por un sistema de aireación prolongada. “Trátase dun proceso que responde aos criterios máis experimentados actualmente e que consegue un alto rendemento de depuración porque os lodos resultantes do proceso presentan un estado de mineralización case do cen por cen; e polo tanto, resultan moi estables” dixo o mandatario local, quen tamén destacou que dito proceso está exento de olores e o emprazamento da depuradora non afectará ao contorno natural, xa que estará soterrada.

O alcalde subliñou que a intención do Grupo de Goberno é continuar xestionando diante das distintas administracións a prolongación da construción dos restantes tramos da rede de colectores e de pozos de rexistro neste núcleo de Trasbar en vindeiras fases “ata cubrir a totalidade de vivendas deste enclave”. Así mesmo subliñou que, “deste xeito, poñemos fin pouco a pouco a un déficit en materia de infraestruturas que se estaba a dar nesta parroquia e cumprimos unha das principais apostas estratéxicas do Goberno municipal: o achegamento a todos os núcleos rurais da rede de saneamento”.

Aposta decidida
O Concello de Cervo vén de executar nos últimos anos un importante esforzo na mellora e xeneralización da rede de saneamento en todo o seu termo municipal, “especialmente naquelas que, recibidas como herdanza do anterior goberno socialista, -que privatizou o servizo municipal de augas de xeito irregular como quedou demostrado nos tribunais- se atopaban nun estado obsoleto e con múltiples deficiencias”.

Exit mobile version