Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz viaxou a Fene para recoller unha maqueta do pesqueiro Jesús Nazareno

Nota de prensa

O alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira, desprazouse este luns a Fene – Ferrol, para recoller unha maqueta do pesqueiro Jesús Nazareno de mans do ferrolán Fernando Couce Amado.

Fernando, xubilado de Astano é un grande afeccionado a facer maquetas de barcos de todo tipo e un bo día, unha irmá súa levoulle uns planos do Museo Marítimo de Asturias en Luanco, ditos planos correspondíanse á Traiñeira a motor do Jesús Nazareno de Foz.

Unha vez lido o historial do Jesús Nazareno, Fernando emocionado por tal traxedia, quixo construír a escala unha réplica do barco para regalarlle ó pobo de Foz.

O barco Jesús Nazareno foi construído nos estaleiros de El Dique de Luanco, polo carpinteiro de Ribeira José Ramón Gutiérrez González en 1935.

Este pesqueiro cando estaba a cumprir os dez anos de vida, encontrándose fanando a unhas 30 millas ó Norte do Cabo Burela, foi sorprendido por unha forte galerna, índose a pique naquel fatídico día de 18 de xullo de 1945, perecendo afogados os seus doce tripulantes, 5 deles membros dunha mesma familia.

A maqueta do Jesús Nazareno mide 0,66 metros de eslora e está metido nunha urna de cristal e unha peaña de madeira (o barco real medía 13 metros de eslora).

Esta maqueta será exposta proximamente no CENIMA, xunto con outros traballos de Fernando Couce Amado que ofreceu ó Concello de Foz, para tal ocasión, que será feito público no seu momento, serán convidados para a súa asistencia, familiares das vítimas de tal traxedia e público en xeral.

Exit mobile version