Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG abre conta en Facebook e Twitter

Nota de prensa

A CANDIDATA DO BNG POR LUGO ABRE OUTRA VÍA DE COMUNICACIÓN COA SÚA PRESENZA NAS REDES SOCIAIS FACEBOOK E TWITTER

“Será outra porta ao diálogo sobre a alternativa que defende o nacionalismo galego cara o 20N”, asegura María Xosé Vega

Lugo, 4 Novembro 2011. A cabeza de lista do BNG por Lugo, María Xosé Vega, está xa presente nas redes sociais, tanto en Facebook como en Twitter (@mariaxosevega) ferramentas dixitais que utilizará para manterse en contacto e debater coa cidadanía, recoller as súas preocupacións e tamén, durante a campaña, ofrecer as solucións que o BNG defende de cara ás eleccións xerais do 20N.

“Xa tiña ganas de unirme ás redes sociais e a ilusión que percibo no inicio de campaña animoume definitivamente a abrir esta porta ao diálogo sobre as propostas coas que o BNG de Lugo defenderá a alternativa galega cara o 20N. Conto convosco”, foi a primeira entrada da candidata nacionalista en Facebook, páxina que irá actualizando diariamente, ao igual que en Twitter, onde arrincou cun texto moi semellante.

Tanto a organización, como os candidatos e os militantes do BNG manteñen unha intensa actividade nas redes sociais, que complementa así a completa información das webs www.bng-galiza.org e a dedicada á campaña do 20N www.aalternativaquetedefende.info .

Exit mobile version