Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama a rematar co expolio co que Autoridade Portuaria somete A Mariña

Nota de prensa

Os nacionalistas chaman a rematar co expolio co que Autoridade Portuaria somete A Mariña
Fraga afirma que é o momento de abrir ao trafico comercial o dique norte do porto de Alcoa para crear 400 empregos.
O Bloque Nacionalista Galego celebrou hoxe no Concello de Xove un acto público situado na campaña das eleccións xerais no que participaron Xosé Manuel López, Concelleiro en Xove e Candidato ao Senado, Marco López, Portavoz Municipal de Xove, e o candidato ao senado e Tenente de Alcalde de Viveiro, Bernardo Fraga.
Fraga afirmou que “é o momento de que Goberno do Estado faiga efectivo o acordo da Cámara Baixa do 25 de Setembro de 2008 onde se comprometía a iniciar conversacións con Alcoa para apertura do Dique Norte así como que Xunta de Galiza aumente a representación lucense no Consello de Administración da Autoridade Portuaria a fin de homologar a representación mariñá co peso que o Porto de San Cibrao aporta a autoridade portuaria en ingresos e fletes. Estamos diante dunha actuación central na lóxica de que vai xerar unha dinámica de concentración crecente de empresas, de liñas e de redes marítimas;esta concentración reforza as áreas xeográficas económicas e determina a ampliación ou o recorte das fendas económicas; asemade a redistribución de fluxos acentúa os nos marítimos por medio das redes marítimas, isto é, amplifica a centralidade -terrestre por medio das redes marítimas en proveito de mercados emerxentes e da internacionalización da nosa economía”.
O Candidato Nacionalista ao Senado indicou que “permitiría a liberalización do dique norte cunha liña de atraque para buques de ata 62.000 Toneladas, significaría que o complexo portuario de San Cibrao deixase de ser un ente pasivo dentro do fluxo de mercadorías para converterse en activo, pois planifica o desenvolvemento, e integra a maior area de influencia. Na mesma liña isto posibilitaría que o complexo portuario de San Cibrao deixase de ser un territorio illado para pasar a integrarse es espazos de ámbito loxístico, fomentando a prestación de servizos de distribución e de operacións que agregan valor ás cargas. Xa por último esta actuación permitiría que o porto deixase de ser exclusivamente un punto nodal de coordinación de procesos para pasar a converterse nun lugar de concentración de produción e integrador de servizos avanzados para a formación de mercados”.
Fraga non deixou pasar a ocasión para criticar “dique norte que xunto co dique sur suman máis da metade dos ingresos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, autoridade portuaria que segue a expoliar á comarca, a pesar das iniciativas presentadas polo BNG, algunhas delas aprobadas, a fin de equilibrar os investimentos nunha e noutra area. Rematouse que que Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao non financie obras de infraestrutura, como acontece na área de Ferrol, onde financiou con fondos propios o Porto de Caneliñas. E todo isto ten que comezar a mudar porque estamos falar de que a súa entrada en funcionamento significaría a creación de preto de 400 empregos directos sen ten con os empregos que se asociasen a mesma. Non son palabras son 400 empregos como recoñece o propio estudo de Portos de Galiza. Isto é a nosa é unha aposta real polo emprego con dereitos”.

Exit mobile version