Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz insta ao PP a que realice un plan de aforro co alumeado municipal

Nota de prensa:
“O Bng insta o pp a que realice un plan de aforro co alumeado municipal”

O Bng de Alfoz presentou unha moción para instar o equipo de goberno a que realice un plan de aforro enerxético co alumeado municipal.

No concello de Alfoz existen innumerables puntos de luz ocasionando un custo enerxético moi elevado, máis ainda tendo en conta a precaria economía de concellos pequenos como o noso.

Moitos deses puntos son prescindibles na meirande parte do tempo que están en funcionamento.

Existen parques e areas recreativas como a do frenazo ou a de carballido con innumerables farolas encendidas toda a noite sen que beneficie a ningún usuario.

A toma de medidas de aforro neste sentido suporá unha reducción considerable da factura enerxética que na actualidade paga o concello.

“Lousas debería traballar máis en medidas de aforro deste tipo en lugar de subirlle continuamente impostos os veciños para tapar o buratos derivados da súa mala xestión.”

Instamos o alcalde a que se elabore un plan de aforro enerxético co alumeado municipal de forma que se reduza de forma considerable o custo económico as arcas municipais. Tomando medidas como a instalación de temporizadores que apaquen as farolas a partir de horas nas que prácticamente non hai usuarios por as vías, como ocurre a partir da medianoite.

Que se realice un análise da utilidade dos puntos de luz instalados en moitas vías e se realice un apagado de focos de forma alterna, de modo que se reduza o gasto e se manteña o servizo os veciños.

Que se valoren todo tipo de medidas encamiñadas a reducción de custos enerxéticos e que cando menos se suprima nun 30% o tempo de encendido do alumeado municipal.

Con estás medidas poderanse aforrar varios miles de euros moi valiosos para a economía de Alfoz.

Exit mobile version