Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá pide un pleno extraordinario tras presentar o ERE de extinción para 94 traballadores Muebles Hermida

O BNG de Lourenzá pide un pleno extraordinario tras presentar o ERE de extinción para 94 traballadores de Muebles Hermida

Nota de prensa

O BNG DE LOURENZÁ PIDE UN NOVO PLENO EXTRAORDINARIO UNHA VEZ PRESENTADO O ERE

Lourenzá, 10 de novembro de 2011. Unha vez presentado o ERE de extinción para 94 traballadores por parte da dirección de Móbeis Hermida o BNG de Lourenzá puido comprobar como son as peores predicións as que finalmente se plasmaron en termos reais do ERE presentado na consellería de traballo, debido a estes motivos o grupo municipal do BNG de Lourenzá rexistrou onte nas oficinas do municipais unha solicitude de petición de pleno extraordinario que conteña na orde do día como proposta de acordo do dito pleno extraordinario solicitar a todas as administracións ou sociedades públicas implicadas as cuantías de tódalas subvencións recibidas por Móbeis Hermida nos últimos 10 anos, xa fosen económicas, en prestación de servizos, rebaixa de taxas, etc, así como as cláusulas ou condicións aplicables en cada caso. Segundo explicou o portavoz nacionalista César Docampo “ decidimos esperar a ter a información real na cal se plantexara o ERE incluídas as condicións para os traballadores, no texto acordado no anterior pleno facíase fincapé en que ámbalas partes puxeran a máxima vontade negociadora para alcanzar un acordo, pero no día de hoxe podemos comprobar como a oposición por parte dos traballadores e os seus representantes é total, a empresa non cedeu nada con respecto aos termos previamente anunciados e de feito a redución de 100 a 94 parece estar motivada por unha serie de baixas voluntarias que se espera se produzan”.
O BNG busca alternativas para os traballadores en caso de ser aprobado o ERE
Así mesmo os nacionalistas presentaron unha moción para pedir que o pleno da Corporación a reclame a Xunta de Galiza un plan específico mediante cursos de formación, obradoiros de emprego, bolsas de emprego étc que contribuia a minimizar o efecto dos despedimentos da fábrica de Hermida e posibiliten do mellor xeito posibel a reciclaxe e reinserción de todos estes traballadores no mercado laboral. Segundo César Docampo “ non damos a situación por perdida e voltamos a pedirlle a Consellería de Traballo que rexeite o ERE nas condicións actuais, queremos coñecer cal foi o investimento público que recibiu Móbeis Hermida para así poder analizar a situación máis polo miudo e desexamos encontrar unha solución o menos traumática posibel para todos aqueles traballadores que ao final deste proceso poidan resultar afectados”.
O PP de Lourenzá mira para outro lado diante dos problemas reais do concello
Ao mesmo tempo o BNG de Lourenzá está disposto a dar a noraboa a concelleira de Medio Rural, Sanidade e Servizos Sociais e deputada autonómica Mª Enma Álvarez Chao a vez que lle recorda que a protección social para as familias non so se basea na beneficencia senón na protección das políticas que sexan capaces de xerar emprego como solución de base, e lamenta que o PP non faga nada para frear a perda de case 100 postos de traballo en Lourenzá, consideran os nacionalistas Laurentinos que a capacidade do goberno non debería so limitarse a dar axudas específicas en alimentos a familias necesitadas pois en este senso o concelleiro do BNG César Docampo dixo “ consideramos boa a iniciativa do PP si contribúe a mellorar a situación de estas familias. Agora ben as políticas que está a aplicar o PP de Lourenzá coma no caso de Hermida o único ao que van a contribuír é a que este tipo de casos aumente, estamos a favor deste tipo de medidas de carácter paliativo pero se non se adoptan outras medidas de carácter preventivo, e recordemos que como goberno lles corresponde, non estaremos a abordar o problema de fondo. Polo que de momento podemos observar ao goberno de Lourenzá semella non importarlle a destrución do emprego no noso concello a favor de sabe cales intereses, polo tanto ao que si se está a contribuír é a que o vindeiro ano este tipo de axudas se teña que facer efectiva si cabe a moitas máis familias que este en curso”.

Exit mobile version