Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Ribadeo fará un reparto masivo de publicidade informando da situación tan difícil pola que estamos a pasar toda Galicia

Nota de prensa

Hoxe, mércores 2 de novembro, ás 11,30 h., o BNG de Ribadeo fará un reparto masivo de publicidade electoral informando da situación tan difícil pola que estamos a pasar toda a cidadanía galega. Os cargos institucionais e o responsábel local van estar repartindo dípticos informativos pola zona do mercado e polas Catro Rúas.

Ao mesmo tempo, tamén aproveitamos para informalos de que este venres 4 de novembro, ás 20,30, na Casa Sindical, o BNG vai organizar unha charla informativa sobre o proceso de privatización do aforro galego. Xesús Veiga Buxán, profesor de Economía Aplicada da USC, daranos as claves dun proceso ben escuro que levou a que, dun ano para outro quedaramos sen caixas de aforros e o noso diñeiro fora caer en mans privadas que a saber o que van acabar facendo cos nosos aforros.

Ter que escoitar como algunas persoas lograron suculentas indemnizacións despois de ter deixado a empresa coma un farrapo, e ao mesmo tempo ver como aumentan as colas, minguan os servizos e nos cobran comisións ata por respirar, ben merece que dispoñamos duns minutos do noso tempo libre para nos informar de tanta aldraxe e inxustiza.

Exit mobile version