Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle “sentidiño” ao goberno municipal tras a exclusión de Xove dos presupostos da Xunta

Nota de prensa

O Bloque pídelle “sentidiño” ao goberno municipal tras a exclusión de Xove dos presupostos da Xunta

Nota de prensa

O Bloque pídelle “sentidiño” ao goberno municipal tras a exclusión de Xove dos presupostos da Xunta

No BNG local definen como “situación esquizofrénica” que aos dirixentes do PP lles pareza pouco a subvención de 43.000 euros que Antonio Veiga destinou ao Servizo de Axuda a Domicilio e non digan nada cando o goberno de Feijóo non destina nin un só euro a Xove

“O goberno do Partido Popular na Xunta leva moitos anos maltratando a Xove”, así resumiu o portavoz do grupo municipal nacionalista, Marco López, o feito de que o municipio xovense non apareza como receptor de ningunha partida nos orzamentos do goberno autónomo para o vindeiro ano. Segundo os presupostos que os populares elevaron ao Parlamento galego, Xove non percibirá nin un só euro; polo que Marco López asegurou estar agardando pola reprobación destas contas por parte do executivo local. Unha valoración, a do goberno municipal, que aínda non se deu “nin a favor nin en contra” dos presupostos.

Desde o BNG contrapoñen a actitude de Feijóo coa do vicepresidente da Deputación, o mariñao Antonio Veiga, que vén de destinar 43.000 euros para o Servizo de Axuda a Domicilio da localidade xovense. “Este feito demostra ben ás claras”, fixo fincapé Marco López, “quen está verdadeiramente comprometido co noso concello e mais cos servizos sociais”. Asemade, o voceiro nacionalista denunciou a brutal política de recortes do PP, “que pon en risco moitos postos de traballo en concellos que xa tiñan previsto o seu gasto no eido social en función duns ingresos que viñan percibindo todos os anos”.

Exit mobile version