Nota de prensa
O PP agradece “o maior número de votos acadado en calquera proceso electoral”.
O comité local dos populares avaliou na tarde do luns os resultados das eleccións xerais.
Os populares consideran que “só o PP fixo campaña local en Burela”.
Primeiramente, o PP agradece públicamente “ter recibido o maior número de votos nunca acadado polo PP en calquera proceso electoral no noso concello, 2.825. Son 2.825 persoas que veñen de confiar no noso partido e nós, como representantes máis inmediatos do PP ante a cidadanía, temos a obriga de respostar ante eles”.
Nas eleccións municipais de 1999, o PP acadara 2.755 votos, e 2.606 nas eleccións xerais de 2000.
Os populares tamén destacan o incremento porcentual do seu apoio: “acadamos o 56’77% dos votos emitidos, superior ó 48’05% das xerais de 2004 e tamén ó 49’00% das xerais de 2008, e mesmo superior ó 50’37% das autonómicas de 2009”.
En definitiva, os populares entenden que “temos que seguir traballando para non defraudar ás persoas que confiaron en nós, e tentar facer as cousas o mellor posible”.
Sobre a campaña electoral, aparte dos actos centrais de campaña, o PP asegura “que só os populares fixemos campaña local en Burela. Só nós fixemos reunións polos barrrios, concretamente oito, e cunha media de asistencia dunhas trinta persoas, e mesmo bastantes máis, como aconteceu no bar Bitácora; e só nós fixemos buzoneo de documentación electoral”.
Sobre os resultados dos outros partidos, desde o PP consideran que “cada quen pode sacar as súas conclusións e nós non entraremos a facer valoracións do traballo e do resultado de outros; pero sí hai dous datos obxectivos e polo tanto non opinables: un partido saca o seu peor resultado da historia en Burela, e o outro, a pesares de levar un candidato exalcalde perde, con respecto ás xerais de 2008, preto de 800 votos”.
En próximas semanas, o PP burelés celebrará unha asamblea de afiliados para expoñer os resultados á militancia e programar o traballo de cara ó vindeiro ano.