Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela anuncia que elabora ordenanzas sobre accesibilidade e supresión de barreiras

Nota de prensa

Nota de prensa
O CONCELLO PREPARA DÚAS ORDENANZAS MUNICIPAIS SOBRE ACCESIBILIDADE E SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS E SOBRE ESTACIONAMENTOS RESERVADOS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA. BARCIA, VALLE E DURÁN MANTIVERON ESTA MAÑÁ UN ENCONTRO CON RESPONSABLES DE A MARIÑA-COGAMI.

Burela, 9 de novembro de 2011. O Concello de Burela está a elaborar a ordenanza municipal sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e a ordenanza municipal sobre estacionamentos reservados para persoas con mobilidade reducidade. Para afondar neste asunto o alcalde, José María González Barcia, o concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, mantiveron esta mañá un encontro con responsables do colectivo A Mariña-Cogami.

Durán contou que “as dúas ordenanzas atópanse en proceso de elaboración, agardamos rematalas o antes posible para sometelas á súa aprobación en pleno. O que fixemos hoxe foi manter un encontro con A Mariña-Cogami para chegar a un consenso e para coñecer as demandas destas persoas”. A edil popular explicou que “Burela é unha das vilas máis accesibles da Mariña” e lembrou que “nos dous últimos meses estivemos a ampliar as prazas de aparcamento para as persoas con movilidade reducida co obxectivo de que lles sexa máis fácil utilizar a cadeira de rodas, e melloramos tamén a situación dalgunhas delas nas inmediacións do centro de saúde, do parque, do hospital ou do Concello, ademáis de crear pasos de cebra para facilitar o acceso a esas zonas e neste sentido seguiremos a traballar ao longo das vindeiras semanas”.

Á xuntanza celebrada esta mañá no Concello acudiu tamén o arquitecto municipal.

Exit mobile version