Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela organiza unha cadea humana en apoio as vítimas da violencia de xénero

Nota de prensa

O 25 DE NOVEMBRO OS VECIÑOS E VECIÑAS DE BURELA PODERÁN DEIXAR A SÚA OPINIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO NO PANEL QUE ESTARÁ  INSTALADO NO CONCELLO. UN MANIFESTO E UNHA CADEA HUMANA EN APOIO ÁS VÍCTIMAS CENTRARÁN OS ACTOS PROGRAMADOS PARA ESA XORNADA.

Burela, 22 de novembro de 2011. Todas as persoas que o desexen poderán deixar nun panel no Concello de Burela a súa opinión sobre a violencia de xénero. O 25 de novembro o alcalde, José María González Barcia, leerá un manifesto e despois formaráse unha cadea humana en apoio ás victimas desta lacra social, segundo daba a coñecer esta mañá a concelleira de Igualdade, Diana Durán.

A edil popular dixo que “no eido da igualdade de xénero achégase unha das datas ou efemérides máis importantes do ano, o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. A loita contra esta lacra é unha tarefa prioritaria da administración local por ser o ámbito máis próximo aos veciños e veciñas. Así é que desde o Concello de Burela se están a realizar durante todo este mes actos e programados vencellados a esta celebración coa clara intención de eliminar esta gran lacra da sociedade”.

Segue aberto o prazo de entrega de traballos ao V Concurso de Microrrelatos e ao I Concurso de Lemas 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Diana Durán lembrou que “o concurso de microrrelatos vénde se celebrando desde hai anos e o concurso de lemas é unha das novidades deste 2011. O premio consistirá en empregar o lema gañador para conmemorar este día o vindeiro ano”.

Durante este mes tamén se están a realizar charlas e xornadas formativas en igualdade nos centros de ensino de Burela dirixidas tanto a profesores como a alumnos, a través dos técnicos do CIM. E tamén se publicarán os relatos gañadores do concurso de microrrelatos do ano pasado.

A concelleira de Igualdade explicou que “o vindeiro día 25 de novembro ao longo de toda a mañá haberá a distribución de lazos de cor morada e da publicación que recopila eses microrrelatos do ano pasado e repartiránse pegatinas polos comercios do pobo co obxectivo de que sexan colocadas en sitios visibles como probadores, baños, etc, e deste xeito achegar aínda un pouco máis información importante aos nosos veciños e veciñas”. As pegatinas inclúen os teléfonos da muller, servizos anónimos e gratuitos que funcionan as 24 horas do día, son o 900 400 273 e o 016, e o lema é Ningunha máis.

Diana Durán engadiu que “colocaremos tamén na entrada do Concello un panel, onde aquelas persoas que o desexen poidan deixar a súa opinión sobre esta lacra social, ás 12:30 será o colgado na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do 25 de novembro, ás 12:40 terá lugar no salón de plenos a lectura do manifesto por parte do alcalde, José María González Barcia, e ás 12:50 saída á praza do Concello para formar unha cadea humana en apoio ás víctimas da violencia de xénero. Queremos convidar a todos os veciños e veciñas a participar nestes actos”.

Exit mobile version