Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela negociou con Espina y Delfín a redución de 115 mil euros e pagaralle 200 mil en catro anos

O EQUIPO DE GOBERNO LOGROU REDUCIR EN 115.000 EUROS A DÉBEDA QUE O CONCELLO TIÑA CON ESPINA Y DELFÍN E COMPROMETÉUSE A ABONARLLE DURANTE OS VINDEIROS CATRO ANOS OS 200.000 EUROS RESTANTES, SEGUNDO ANUNCIABA HOXE GONZÁLEZ BARCIA.

Burela, 28 de novembro de 2011. O equipo de goberno de Burela logrou reducir en 115.000 euros a débeda que o Concello tiña coa concesionaria da auga, Espina y Delfín e comprometéuse a abonarlle durante os vindeiros catro anos 200.000 euros restantes, segundo anunciou este mediodía o alcalde, José María González Barcia.

O rexedor manifestou que “cando o PP chegou ao Concello de Burela a mediados de xuño deste ano atopámonos con que o Concello tiña unha débeda coa empresa concesionaria do servizo da auga, con Espina y Delfín, de 311.290 euros, unha cifra realmente importante, que ven derivada fundamentalmente pola mala xestión do bipartito burelés nos últimos catro anos”. O rexedor lembrou que “a nós se nos achacou que deixásemos sen pagar a Espina y Delfín aproximadamente uns 120.000 euros durante os últimos meses da nosa xestión no ano 2007, pero ha que lembrar tamén que a inmensa maioría desas facturas quedaron aprobadas polo equipo de goberno do PP”. González Barcia indicou que “durante estes últimos catro anos o bipartito non pagou as facturas que nós deixamos xa recoñecidas, senón que ademáis aumentou e xenerou máis débeda con Espina y Delfín ata chegar a eses 311.290 euros, que estaban sen pagar e prácticamente sen aprobar ningunha das facturas que a eles lles correspondían”.

O alcalde burelés sinalou que “esta situación plantexaba un problema serio tanto para o Concello como para a propia empresa e nós iniciamos un proceso de negociación con Espina y Delfín, que a semana pasada quedou completamente saldado. Deste xeito nós aforraremos 115.000 euros, é dicir imos deixar de pagarlle á empresa esa cantidade e o resto teremos que asumilo, pero hai unha diferencia sustantiva e sustancial e é que os cidadáns de Burela se aforrarán 115.000 euros”. O equipo de goberno comprometéuse a devolverlle a Espina y Delfín nos próximos catro anos a cantidade restante, uns 200.00 euros. González Barcia subliñou que “esa cifra se lle irá pagando ano a ano, co cal o Concello de Burela ten xa un asunto menos pendente daqueles que se xeneraron co bipartito”.

O Concello pagarálle a Espina Delfín 196.290 euros máis 10.000 euros da reparación do emisario, dos outros 20.000 euros que costou esa operación fáise cargo Augas de Galicia.

O rexedor considera que “estes datos hai que dalos a coñecer para que a xente non estea enganada, aquí da a impresión de que chegamos ao Concello de Burela e que aquí, segundo algúns, o único que había eran cartos. Non, aquí o único que había eran débedas e caixóns cheos de facturas e vacíos de cartos. O que había era moitas débedes, eso sí”. José María González Barcia dixo que “polo menos ésta, a de Espina y Delfín, xa está saldada e creo que cun beneficio importante para os veciños de Burela que van aforrar aproximadamente a terceira parte do que lle teríamos que pagar a dita empresa. E todo eso gracias á nefasta xestión realizada polo bipartito, que o único que fixo foi xenerar máis débeda con Espina y Delfín. Chegou un momento no que esta empresa estaba realmente preocupada porque ou pagábamos ou pagábamos”.

O alcalde pensa que “con esta solución saimos todos gañando, a empresa porque vai cobrar aínda que sexa en catros anos, e os cidadáns de Burela porque van pagar unha terceira parte menos do que habería que pagarlle a Espina y Delfín, neste caso gracias á boa xestión levada á cabo desde o equipo de goberno do PP”.

Exit mobile version