Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo acomete obras para conectar á nova rede de abastecemento aos núcleos que estan coa vella traida

Nota de prensa

O CONCELLO ACOMETE OBRAS NA CRUZ DE MAXIMINO PARA CONECTAR Á NOVA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA AOS NÚCLEOS QUE AÍNDA SE ABASTECÍAN DA VELLA TRAÍDA

• Con esta actuación a rede do consorcio Cervo-Burela chegará ao 100% dos veciños deste concello

• Trala conexión á nova traída o Concello suprimirá o derradeiro punto de bombeo que mantiña no leito do Río Cobo para darlle servizo a estes núcleos, algo que redundará nun mellor servizo para os veciños, nun aforro enerxético para o Concello e tamén garantirá os recursos hídricos deste río

Cervo, 7 de novembro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou hoxe o inicio das obras de conexión á nova rede de abastecemento de auga do consorcio Cervo-Burela dos núcleos de vivendas do municipio que aínda se estaban abastecendo da antiga traída municipal.

Estes traballos desenvólvense no lugar coñecido como A Cruz de Maximino (entre Río Cobo e San Ciprián). Con eles os núcleos do Guioncho e algunhas vivendas de San Ciprián pasarán a abastecerse da rede de auga compartida con Burela. Segundo explicou o rexedor, ata agora, a nova rede de auga chegaba a un 85% da poboación do municipio “e con estas obras cubriremos o 100% das vivendas, ao tempo que nos permitirá prescindir do último punto de bombeo que estabamos a manter no leito do Río Cobo para darlle servizo a estes veciños, algo que redundará nun mellor servizo para os veciños, nun aforro enerxético para o Concello e tamén garantirá os recursos hídricos deste río” indicou Villares.

O rexedor dixo que as obras poderán estar rematadas no prazo dunha semana e agradeceu á Xunta de Galicia o seu financiamento.

Exit mobile version