Site icon Crónica3.com A Mariña

O espectáculo da Copa do Rei vista o Vista Alegre co CD Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago FS


Nota de prensa

MARTES 6 DE DECEMBRO, ÁS 18.30 HORAS, BURELA FS-AUTOS LOBELLE FS, NA COPA DO REI

O espectáculo da Copa do Rei volve a Vista Alegre coa terceira eliminatoria de 2011, entre o CD Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago FS, da Primeira División. O flamante encontro terá lugar o martes 6 de decembro, ás 18.30 horas.
A última vez que se viron as caras santiagueses e burelaos foi na pretempada, a comezos de setembro, cun axustado 2-3 para os de Tomás de Dios.

O Burela FS abrirá a venda anticipada para o duelo galego o mércores 30 de novembro. Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97); o prezo para socios/as será de 3 euros e para non socios/as de 10. Cada entrada entrará no sorteo dunha suculenta cesta de Nadal, que se realizará no descanso do partido.

Horario de atención: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Outros enfrontamentos da eliminatoria. O Parrulo-Azkar Lugo, Maristas Valencia-Benicarló, Centelles-Barcelona, Gasifred Eivissa-Manacor, Andorra- Sala Zaragoza, Martorell-Marfil Santa Coloma, Ziérbana-Ribera de Navarra, Melilla-ElPozo, África Ceutí-Carnicer, Gáldar-Talavera, Alamín-Navarra, Manzanares-Puertollano, Brihuega-Inter, Granada-Cartagena e Pilaristas-Caja Segovia. O sorteo da cuarta eliminatoria, entre os gañadores, está programado para o 13 de decembro, na sede da RFEF.

Exit mobile version