A Delegación Municipal de Cultura do concello de Burela, dentro da súa Programación Cultural de “Outono 2011”, presenta a ultima obra do grupo de teatro afeccionado, A ADALA, de Fazouro, “Enredos”. A posta en escena será lugar o vindeiro venres, 4 de novembro, ás 21:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada será libre. A ADALA naceu no 1999 e na actualidade mantén un cadro de dez persoas aínda que polo grupo xa pasaron un total de trinta e dous actores.