
O pasado domingo, día 13, o grupo de sendeirismo da A.C.D. Xove, realizou a ruta clausura da tempada-2011, igual que en anos anteriores foi en Xove para comer nalgún restaurante do concello. A ruta elexida foi a da costa de Xove, empezando na praia de Portocelo, ata a praia de Esteiro, cun percorrido duns 15 quilómetros. Na ruta atopase o mirador da capela de San Tirso, o faro Roncadoira, a praia de Coido, o mirador do Antemil -cunha parede vertical o mar de 101 m-, punta de A Mansa, mirador de Punta Meitón, praia de de Muiñelo onde se atopan as famosas pedras, totalmente redondas, que parecen ovos de dinosauros e algunhas pesan máis de 200 quilos. Rematou a ruta na Praia de Esteiro e a continuación o grupo achegouse ao restaurante Os Faroles da Vara para comer todos xuntos. Para facer a ruta nas mellores condicións o concello colaborou facendo limpeza e desbroces pola costa para facilitala a andaina dos 70 senderistas participantes.