Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do PP de Ribadeo contra a viloencia de xenero, explica o apoio a unha moción do BNG con criticas a Xunta

Nota de prensa

25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero segue a ser, por desgracia, un dos problemas máis graves da nosa sociedade. Un problema que nace das relacións de poder non igualitarias e dunha visión ancestral e anquilosada do ser humano.

É necesario erradicar a violencia contra as mulleres e mellorar os recursos para poder informar ás vítimas dos seus dereitos e dos instrumentos previstos para a súa protección, e conseguir tamén o rexeitamento social dos maltratadores.

Ningún grupo político, ningún ser humano pode permanecer impasible ante estas atrocidades, e por esto cómpre levar a cabo todos os pasos necesarios para concienciar á sociedade deste problema e conseguir a erradicación deste tipo de condutas.

Por esta razón o Grupo Municipal do Partido Popular deu o seu apoio a esta moción presentada no pleno do 21 de novembro polo Bloque Nacionalista Galego, se ben na exposición de motivos se critica á Xunta por inhibirse ante estes problemas, desprecouparse do tema da violencia de xénero e paralizar o desenvolvemento da Lei coa escusa da austeridade.

Desde o Partido Popular queremos lembrarlle ó alcalde de Ribadeo, que os concellos da provincia de Lugo, as asociacións e as entidades de iniciativa social que traballan na provincia en programas de atención a mulleres recibiron un total de 1.910.208 € da Secretaría Xeral de Igualdade no trienio 2009-2011 para o desenvolvemento da súa actividade no ámbito da igualdade de oportunidades. O volume máis importante de axudas, 1.406.558 €, destinouse ós concellos a través de liñas de apoio ós CIMs, casas de acollida, programas para promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero. Na provincia hai 11 CIMs (entre eles o de Ribadeo), que no seu conxunto percibiron neste período un total de 1.047.752 €. As entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo, que traballan en áreas como o apoio ás mulleres inmigrantes ou en contextos de prostitución, percibiron neste período 406.817 €. As axudas de igualdade á provincia neste trienio complétanse cos 96.833 € destinados a asociacións para a organización de actividades dirixidas a estimular a participación da muller, …

Todos somos conscientes de que estas axudas son insuficientes, que hai que implicar a toda a sociedade e que esto supón formar e dotar a persoal e centros para que academos o obxectivo dunha convivencia en paz e en igualdade, pero tamén é certo que nin a Administración nin os representantes dela permanecen impasibles ante este modelo ancestral de relación baseado no dominio e na sumisión, que tende a reproducirse dunha xeración á seguinte a través de mecanismos fortemente arraigados.

O Grupo Municipal do Partido Popular deu o seu apoio contundente e claro a esta moción e pretende contribuir coa súa actitude, co seu pensamento e co seu voto positivo e público a esta idea de sociedade que nos une a todos e a todas e que necesita do labor conxunto, na mesma dirección e co mesmo propósito.

Exit mobile version