Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo parlamentario do PP fixo unha declararación con motivo do Día internacional da Violencia de Xénero

Nota de prensa

Declaración Institucional do Grupo Parlamentario Popular con motivo do Día internacional da Violencia de Xénero

Na xornada de hoxe conmemórase o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, baixo os auspicios das Nacións Unidas.

O Grupo Parlamentario Popular non quere deixar pasar esta ocasión para amosar todo o seu apoio as víctimas de violencia de xénero, e as súas familias, facendo un chamamento a concienciación social desta senrazón, co fin de que se poida erradicar este intolerable número de mortes e accións violentas, nunha sociedade avanzada e democrática como a nosa.

Así mesmo, o Grupo Parlamentario Popular, consciente que este problema é un problema de todos, anima á colaboración activa de todas as institucións, para que cada unha delas, dentro do seu ámbito competencial, leven a cabo actuacións destinadas á concienciación, a prevención e a erradicación da violencia de xénero e para que contribúan de forma decidida a fomentar unha cultura da igualdade real e efectiva.

Exit mobile version