Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Illa de Sarón de Xove acolle as exposicións “Expo Meteoro” e “Música galega onte e hoxe”

Nota de prensa
O IES ILLA DE SARÓN DE XOVE INAUGURA DÚAS EXPOSICIÓNS TEMPORAIS.

A partir do vindeiro luns 7 de novembro poderanse visitar nos locais deste
centro educativo as dúas exposicións que foron inauguradas hoxe.
A primeira destas mostras situada no corredor da planta baixa do edifício
está organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística deste centro e
preséntase baixo o titulo “MÚSICA GALEGA ONTE E HOXE” . Esta
exposición fai un percorrido pola historia da nosa música a través de seis
paneis dedicados cada un deles a unha época ou un tipo de música
diferentes: música tradicional, música na transición, rock bravú, música
folk, novas tendencias e poesía musicada. Neste caso trátase dun material
elaborado hai algúns anos polo Equipo de Normalización Lingüística do IES
de Foz que se completa con mostras de discos de vinilo, cassettes, cd, etc.
referidos a cada un dos paneis. Esta mostra estará aberta ao público ata
o día 18 de novembro e poderá visitarse entre as tres e as sete da tarde de
luns a xoves

No segundo caso, a exposición que se pode ver no corredor da primeira
planta, está organizada polo departamento de Xeografía e Historia do
instituto. Trátase dunha mostra cedida por Meteogalicia que baixo o nome
xenérico de “Expo Meteoro” pretende achegar ao alumnado e ao público
en xeral conceptos básicos de meteoroloxía e climatoloxía. Neste caso a
exposición consta de 12 paneis explicativos nos que se tratan temas como a
diferenza entre tempo e clima, a predición do tempo, as nubes, a
observación do tempo ou a influencia do tempo na lingua (topónimos ou
refráns que fan referencia ao tempo). Debido a que se trata dunha
exposición itinerante só se poderá visitar entre o luns 7 e o xoves 10 de
febreiro preferentemente en horario de tarde (de15 a 19 horas)
Ambas as dúas exposicións veranse complementadas con outras actividades
para o alumnado do centro durante o tempo que permanezan abertas.
Desde o IES Illa de Sarón de Xove animamos a todas as persoas interesadas a
pasarse polo noso centro e visitar estas dúas interesantes mostras.

Exit mobile version