Site icon Crónica3.com A Mariña

O II aberto de Flores foi un novo éxito da serpe multicolor da LNB que tamén xoga en clave de mulle

Nota de prensa

A LNB TAMEN XOGA EN CLAVE DE MULLER

O II aberto de Flores foi un novo éxito da serpe multicolor da LNB. A grande participación de palanadores confirma a puxanza da billarda na conferencia nai. Cada dia son mais os xeareiros que se achegan as pistas de xogo e se atreven a competir nos abertos tanto da liga regular como nos que van xurdindo fora da competición oficial.

Ainda que o tempo non se portou tan cativamente como estaba anunciado, foi un gran acerto o cambio que se fixo de pasar a competición do campo da festa ao pavillon do colexio porque ainda que os enfrontamnetos se fan de maneira moi dinámica, a cantidade de xente que participa fai que se alongue a finalización da xornada mais aló do que cabería agardar. Si na Pontenova se bateo o rexistro de participante, en San Miguel quedamos as portas con 58 persoas xogando cada unha delas cinco carreiras en pouco mais de dúas horas. Un exitazo espectacular.

Ao se xogar en pista rápida , fixéronse un monton de varados, catorce en total, ainda que so repetiron Guille e mais Eric, con 2 varados cada un deles. Comanda a clasificción nesta especialidade Guille con 4 seguido de Eric e Markytos con 3.

Ao longo da historia a muller quedou relegada a un segundo plano polo protagonismo masculino, malia todo, vánse danto pasos cara adiante nunha educación que recoñece a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e son cada vez mais as mulleres que veñen acadando un destacado protagonismo en todos los eidos, e a proba témola na pequena gran palanadora de “Os Outros”, vixente Campiona Nacional, Reyes, que segue cunha moi boa racha de resultados e conseguiu xunto co seu compañeiro de equipo, Eric, un novo pleno (10 puntos de 10 en xogo) e despraza a Guille do 1º posto da clasificación xeral mirando dende o mais alto ó resto de palanadores/as.

Reyes e mais Eric disputaron o triunfo final do aberto a dúas carreiras das que saiu vencedora.

O 3º posto disputáronlo, con 9 puntos conseguidos, Daniel (Billardeiros Musicais), Lois (Bateas) e Noé (Troitas Bravas) saindo vencedor o veteran palanador dos Billardeiros Musicais.

Así quedan as clasificacións:

Individuais: Reyes 35 puntos, Guille e Markytos 34 p., Daniel e Lois 32 p.

Equipos: Os Outros 127 p., Billardeiros Musicais 126 p., Remourelle Bulls 105 p.

Varados: Guille 4, Eric e Markytos 3.

Exit mobile version